Festa final de curso 2024-25. Tarde interxeneracional de Xogos populares

Festa final de curso 2024-25. Tarde interxeneracional de Xogos populares

O xoves 29 de maio ten lugar a festa de fin de curso do CRD de Ourense, de 16:00 a 22:30 horas. Despedirémo-lo curso 24-25 no xardín exterior, onde teremos os diferentes xogos, tanto os que nos traen as persoas visitantes coma os organizados polos nosos residentes. Aproveitaremos tamén a zona axardinada para cear uns petiscos e no fogar de Monterrei teremos música e Karaoke.

Programa:

  • 16:00- 19:00 xogos populares/tradicionais (17:30-18:00 merenda).
  • 19:00-19:45. Xogos de patio: brilé, 3 en raia humano, pañuelo…
  • 20:00-21:15 cea campestre.
  • 21:15-22:30 Karaoke e música na sala TV de Monterrei.