O CRD de Ourense é o centro base das Xornadas de Folclore 2025.

O CRD de Ourense é o centro base das Xornadas de Folclore 2025.

Como ben sendo xa habitual ano tras ano, o CRD de Ourense será o centro base das XL xornadas do Folclore 2025 da Diputación Provincial de Ourense, para preto de 220 persoas, as que se lle  brinda aloxamento e manutención e un lugar onde poder ensaiar e preparar as súas actuacións.

As Xornadas de Folclore de Ourense reúnen artistas de todo o mundo para mostrar a súa música, canto, baile e vestuario tradicional. As vilas máis importantes de Ourense recibirán durante dez días grupos chegados de América (Arxentina e Chile), Asia (Filipinas) e Europa (Irlanda do Norte, Ucraína e Xeorxia), convertendo a provincia na capital do folclore.

Celébranse dende o 11 de agosto o 21 de agosto de 2025 e 187 artistas de seis grupos folclóricos internacionais actuarán en Allariz, A Rúa, Bande, O Barco, Carballiño, Castro Caldelas, Celanova, Entrimo, Maceda, Manzaneda, Ribadavia, Trives, Verín, Viana e Xinzo, ademais de en a capital ourensá. As agrupacións procedentes de Arxentina, Chile, Filipinas, Irlanda do Norte, Ucraína e Xeorxia percorrerán estes 16 municipios nunha nova edición deste evento consolidado no panorama cultural.