Actividade: “Atrapa a bandeira”

Actividade: “Atrapa a bandeira”

Obxectivos 

  • Promover a interacción entre as e os residentes.
  • Fomentar que as/os residentes desfruten do tempo de ocio.
  • Potenciar o traballo en equipo mediante a realización de actividades lúdicas.

 

Descrición

O xogo consiste en que dous equipos (por exemplo, azuis e verdes), integrados polo maior número de compoñentes posible, traten de arrebatar a bandeira ao equipo contrario.

 

Desenvolvemento

Nun primeiro momento, o árbitro reúnese na parte central do campo (que estará dividido á metade) cos dous equipos para lle explica as normas do xogo. Cada un dos equipos ten unha bandeira (por exemplo, bandeira verde e bandeira azul), que ten que esconder na súa parte do campo, sen que o outro equipo vexa onde. Pasados dous minutos dende que agochen as bandeiras, o árbitro, utilizando un silbato, pita e todos/as os xogadores/as teñen que ir ao centro do campo para dar comezo así á busca da bandeira. Cando se atopa a bandeira pódese coller ou ben avisar a outros membros do propio equipo. Se o equipo contrario che colle poden levarche ao teu campo e se che pillan coa bandeira tes que darlla a quen che pillou. Pero se lla pasas a outro compañeiro/a do teu equipo o xogo continúa (pódenha lanzar).

As normas do xogo poden ser: esconder a bandeira procurando que se vexa unha pequena parte da mesma, non escondela nun sitio demasiado alto, para así evitar que haxa quen non poda collela, establecer tres partidas, etc.

 

Temporalización

Esta actividade desenvolverase o mércores 19 de abril, de 21:30-23:00h., posto que debe desenvolverse de noite. Ás 21:30h o árbitro comunicará as normas de xogo aos xogadores/as e ás 10:00h dará comezo a actividade en si.

 

Localización

Levarase a cabo no xardín da parte de atrás do CRD.