Incorporación ao CRD

Incorporación ao CRD

Residentes

Incorporación de residentes ao CRD de Ourense no curso escolar 2026-27

No curso escolar 2026-27 a incorporación o CRD de Ourense realizarase o día mércores 9 de setembro en horario de  09:00 horas a 13:00 horas e pola tarde de 15:00 horas a 19:00 horas. De nón facela  ese día por causa de forza maior aprobada polo centro, pódese facer o xoves día 10 de setembro en horario de 14:00 horas a 18:00 horas.

A continuación aparece toda a información precisa e a documentación a presentar ese día, para poder incorporarse ao CRD de Ourense, así coma o documento/resume das normas de funcionamento do centro que é obrigatorio coñecer.

Para calquera dúbida, pode poñerse en contacto co centro vía telefónica (ver teléfono na web, no apartado contacto).

Documentación e material a traer cuberto na data de incorporación

Na data asignada para realizar a incorporación ao CRD de Ourense, deberán presentar cubertos e asinados os seguintes documentos (pódense abrir facendo click en cada un, deles, cubrir dende o ordenador e imprimir).

Unha vez cubertos e asinados introduciranse os documentos nun sobre de papel tamaño A4, co nome da persoa que se incorpora escrito por fora.

Os residentes menores de idade DEBERÁN VIR ACOMPAÑADOS polos seus titores legais/pais/nais, o día da incorporación.

Documentos a presentar cubertos e asinados:

Todos os/as residentes deben traer neste curso escolar 2026-27 coa súa equipaxe, o seguinte material:

  • 2 fotos recentes tamaño carnet.
  • Roupa persoal de aseo que desexen utilizar (toallas, chanclas, neceser…)
  • Perchas.
  • Candado pequeno (tipo lince 300-30) para a taquilla.

 

Non se poden traer: aparellos eléctricos (sandwicheras, estufas, routers wifi etc.), animais, nin prantas, nin roupa de cama (sabas, mantas..)

É OBRIGATORIO que todos os residentes e colaboradores, no momento da súa incorporación, instalen a aplicación TokApp no seu dispositivo móbil. Será a ferramenta principal de comunicación, para enviar e recibir información oficial e avisos por parte do persoal do CRD de Ourense a todos os residentes. O seu uso para os residentes é obrigatorio, tal como se recolle nos diferentes documentos que regulan o CRD de Ourense. Para facilitar o seu coñecemento, a súa instalación e obter mais información pódese consultar o apartado TOKAPP SCHOOL da páxina web.

Todos os/as residentes que continúan no Centro Residencial Docente de Ourense do ano pasado, neste curso 2026-27  deben achegar a mesma documentación e traer o mesmo material, que o sinalado no punto anterior para os novos residentes.