Uso dispositivos móbiles

Uso dispositivos móbiles

Protocolo De Uso Dos Dispositivos Móbiles No CRD OURENSE

Documentación E Normativa

        

      O uso dos dispositivos móbiles no CRD de Ourense contemplará e respectará ao máximo os dereitos de privacidade:

  1. Non se permite a utilización de imaxes do persoal do CRD de Ourense, de residentes ou de colaboradores sen a debida autorización. É un delito tipificado e penado pola lei.
  2. A Lei 4/2011, de 30 de xuño, de convivencia e participación da comunidade educativa e o decreto 8/2015, do 8 de xaneiro, polo que se desenvolve a Lei 4/2011, do 30 de xuño, de convivencia e participación da comunidade educativa en materia de convivencia escolar, o NOFC do CRD de Ourense, recollen de xeito explícito como, condutas gravemente prexudiciais para a convivencia: a gravación, manipulación ou difusión por calquera medio de imaxes ou información que atenten contra o dereito á honra, a dignidade da persoa, a intimidade persoal e familiar e a propia imaxe dos demais membros da comunidade educativa.
  3. Está prohibido para os residentes do centro o uso de teléfonos móbiles e aparellos electrónicos (cámaras, mp3, etc.)/ etc.) durante as horas de estudo e a partir das 23:30 horas da noite, debendo estar en modo “silencio ou vibración” a partir desa hora, por motivos de descanso do resto dos residentes e colaboradores. A súa utilización fora do horario permitido traerá consigo un apercibimento, e de continuar o seu uso, o persoal docente ou educador poderá requisarlle dito aparato. O extravío de calquera destes aparellos será alleo ao Centro Residencial Docente de Ourense, tendo os residentes que tomar as medidas preventivas necesarias.
  4. Considerarase como falta moi grave e, en consecuencia, a aplicación das sancións tipificadas no documento chamado Normas de organización, funcionamento e convivencia do centro (NOFC) as seguintes, relacionados co uso dos dispositivos móbiles:

 

    • Gravar con móbiles ou outros medios, escenas ou persoas do Centro Residencial Docente de Ourense sen permiso expreso do centro, da persoa ou persoas obxecto da gravación ou do persoal educativo, así coma subir a Internet ou a calquera das redes sociais algunha destas gravacións.
    • Difundir fotografías ou proxeccións persoais doutras persoas ou utilizar calquera medio co fin de insultar, difundir falsos rumores ou acusacións a calquera membro da Comunidade Educativa do centro.
    • Calquera sabotaxe ou intento de sabotaxe aos routers e a calquera dos ordenadores/tablets que existan na Residencia: Dirección, Administración, Xefe de Residencia, persoal docente e mesmo dos seus propios compañeiros.
    • Participar nunha rede social ou un grupo de WhatsApp onde alguén está a faltar ao respecto ou realiza comentarios ofensivos e/o difamatorios contra calquera persoa da comunidade educativa do CRD de Ourense.

      

      O Centro Residencial Docente de Ourense resérvase calquera acción que lle puidese corresponder nos ámbitos administrativo ou xudicial contra os residentes e/o a súa familia, no caso de que o incumprimento das normas e protocolos de uso de dispositivos móbiles neste centro cause algún tipo de dano ou prexuízo a calquera membro da comunidade educativa ou ao propio Centro.