Comedor

Comedor

comedor

A elaboración dos menús farase de xeito que proporcione ao alumnado unha dieta equilibrada adaptada ás necesidades nutricionais de cada grupo de idade, contribuíndo ao seu mellor desenvolvemento físico, e favorecendo, á vez, a adquisición de hábitos alimentarios saudables.

O menú será único para todos os usuarios do comedor escolar, agás nos casos de alumnos que padezan calquera tipo de intolerancia ou alerxia alimentaria, xustificada mediante certificado médico. Nestes casos, a dirección do centro autorizará  a empresa que xestiona o comedor que se sirvan menús adaptados ás súas necesidades.

Decreto 132/2013 do 1 de agosto polo que se regulan os comedores escolares dos centros docentes públicos non universitarios e pregos técnicos da adxudicación da xestión do comedor a empresa por parte da Consellería de Educación, Cultura, Formación Profesional e Universidades.

Real Decreto 315/2025, de 15 de abril, por el que se establecen normas de desarrollo de la Ley 17/2011, de 5 de julio, de seguridad alimentaria y nutrición, para el fomento de una alimentación saludable y sostenible en centros educativos

Normas de Uso

  • O Comedor comezará o primeiro día sinalado na orde da convocatoria de admisión de residentes e rematará o día sinalado na mesma.
  • A comezo de cada mes aparecerán na páxina web do centro os menús semanais correspondentes ao mesmo.
  • O menú será único para todos os usuarios do comedor escolar, agás nos casos de alumnos que padezan calquera tipo de intolerancia ou alerxia alimentaria, xustificada mediante certificado médico. Nestes casos, a dirección do centro autorizará  á empresa que xestiona o comedor escolar, que se sirvan menús adaptados ás súas necesidades.
  • Seguindo as instrucións do persoal de residencia, os residentes deberán comer na quenda sinalada e gardando a debida orde nas filas que se formarán á entrada por orde de chegada.
  • Débese coidar e conservar o material e instalacións e procurar en todo o momento manter o comedor limpo, evitando tirar ao chan anacos de pan, comida, servilletas de papel, etc.
  • Permitirase o uso dos microondas, tostadores e termos de leite dispoñibles, respectando as indicacións de manexo e hixiene.
  • Unha vez rematada a comida, deberá levantarse e deposita-la bandexa na cinta de recollida, respectando a quenda.
  • En todo momento, os comensais teñen a obriga de segui-las instrucións que lle puideran da-los encargados do comedor.
  • Os residentes deberán acudir adecuadamente vestidos e aseados, con prendas axeitadas ao lugar onde se atopan (sen a cabeza cuberta por gorras, capuchas, sombreiros; sen chanclas, zapatillas, bañadores, pixamas, batas…). 
  • Non está permitido sacar utensilios, comida e botellas de auga fóra do comedor (pratos, vasos, cubertos, etc).
  • Non está permitido traer comida de fóra ao comedor.
  • Os residentes deberán apuntarse no listado de comensais de venres e domingos a través da páxina web do centro, ao longo da semana correspondente, para o almorzo dos venres e a cea do domingo. De non facelo, terán que esperar ao final do servizo para ser atendidos, unha vez se sirva aos residentes que si confirmaron a súa presenza.
  • No caso de usuarios do comedor que non cumpran algunha destas obrigas, adoptaranse as medidas oportunas, que poderán chegar á expulsión temporal ou permanente no uso do  Comedor.