Sala de Xogos

Sala de Xogos

Residentes

Sala de Xogos

A sala de xogos conta, con:

  • Ping pong (1) co seu correspondente material.
  • Billar (1) co seu correspondente material.
  • Futbolin (1) co seu correspondente material.
  • Diana e dardos (1) co seu correspondente material.
  • Xogos de mesa, xogos de cartas, xadreces con reloxos dixitais, damas…
  • Libros, prensa e revistas.
  • Torre de son (1) con Wi-fi, bluetooth 4.0, panel táctil, entradas USB/SD
  • Tv SmarTv (1)

Normas de uso

  1. O horario de funcionamento será de luns a xoves de 09:30 horas a 21:45 horas e os venres de 09:30 horas a 18:00 horas. Non se poderá utilizar polos residentes no horario de estudo obrigatorio de lusn a xoves entre as 19:30 horas e as 20:30 horas.
  2. É obrigatorio anotarse na folla de rexistro de usuarios, dispoñible na entrada da sala, indicando hora de entrada e de saída.
  3. Deberanse cumprir as normas básicas de educación, convivencia e respecto aos demais. Non se pode comer nin beber na sala. Está prohibido fumar e a tenencia e consumo de todo tipo de bebidas alcohólicas ou drogas coma no resto do centro.
  1. Débese utilizar debidamente o mobiliario e respectar a colocación do mesmo. Calquera estrago ou avaría deberá comunicarse aos titores ou ás directoras das Residencias. De considerarse o dano intencionado ou imprudente será aboado polos causantes ou, de non identificarse, por todos os usuarios da sala no período no que se producise.
  1. Débese manter orde dos recursos e mobiliario. Despois de utilizar os medios ou xogos, os residentes deberán recoller e gardar convenientemente estes no lugar disposto para iso.
  1. Por mor da situación desta sala preto das sala de estudo de Ribeiro, o volume da música e o ton de voz empregado deben ser baixos, de tal forma que non se moleste ás salas lindeiras.
  1. Recoméndase unha  ocupación máxima entre 10-15 persoas á vez.

 

Son motivos de sanción, entre outros: ocasionar danos materiais na sala, producir un nivel de ruído molesto para a contorna ou non seguir as indicacións do persoal do CRD de Ourense, en canto ao cumprimento das normas. As sancións dependerán da natureza da falta e suporán a denegación temporal ou definitiva do acceso á sala de xogos.