Benvidos ao CRD Ourense

Benvidos ao CRD de Ourense, a residencia non universitaria dependente da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP da Xunta de Galicia para estudantes de bacharelato, ciclos medios e superiores e ensinanzas de réxime especial, que cursan os seus estudos fóra da súa localidade de orixe. Puntualmente tamén é residencia para alumnado universitario (se existen prazas vacantes). Nos seguintes videos podes coñecer un pouco o noso centro.

Disfruta dunha visita polas instalacións

O Centro Residencial Docente de Ourense dispón dunhas instalacións renovadas e modernas, onde queremos que os residentes dispoñan durante a súa estancia de todo o necesario para que podan estudar, vivir e convivir.