Benvidos ao CRD Ourense

Benvidos ao CRD de Ourense, residencia non universitaria dependente da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia, para estudantes de ciclos medios e de ciclos superiores, de bacharelato e de ensinanzas de réxime especial, que cursan os seus estudos fóra da súa localidade de orixe. Puntualmente tamén é residencia para alumnado universitario. Nos seguintes videos podes descubrir o noso centro.

Disfruta dunha visita polas instalacións

O Centro Residencial Docente de Ourense dispón de amplias instalacións renovadas e modernas, onde queremos que os residentes dispoñan durante a súa estancia no noso centro, de todo o necesario para que poidan estudar, vivir e convivir.