Espazo Cardioprotexido

medicine

Espazo Cardioprotexido

Residentes

Espazo Cardioprotexido

No Centro Residencial Docente de Ourense dependente da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, é un dos primeiros centros educativos públicos en contar cun desfibrilador externo automatizado (DEA). “Contar cun DEA no centro pode ser útil para salvar a vida dun residente ou dun traballador do propio centro, pero tamén para os centros educativos contiguos e incluso para toda a poboación da zona, posto que o DESA co que conta o CRD incluirase no rexistro de desfibriladores do 061 e, se é preciso, dende a central de emerxencias poden solicitar que alguén con formación se achegue a buscalo para utilizalo nunha emerxencia” sinala Francisco J. García Gómez director do CRD de Ourense.

Previamente á súa instalación, tanto o persoal do centro coma o alumnado que o solicitou, recibiron un curso homologado e impartido dende o propio centro, polo médico, instrutor acreditado de soporte vital, o cal os capacita para a atención básica en urxencias de saúde, para a realización de reanimación cardiopulmonar (RCP) e para a utilización do DESA.