Ximnasio

Ximnasio

Residentes

Normas de uso do Ximnasio

  • O horario de funcionamento será de luns a xoves de 09:30 horas a 21:45 horas e os venres de 09:30 horas a 18:00 horas.
  • Para usar o ximnasio debedes anotarvos en conserxería cada vez que queirades ir e despois xa podedes ir o ximnasio
  • A sala poderá usarse en quendas dunha hora.
  • Recoméndase unha ocupación máxima da sala por cada quenda de 6-8 persoas.
  • A porta de acceso estará aberta sempre que sexa posible e as ventas abertas para permitir a ventilación (existen pulsadores para abrir e pechar as ventas de forma automática).
  • As máquinas deben manterse na súa posición, sen desprazarse.
  • As máquinas electrónicas (cintas de correr), tras o seu uso, apagaranse, sen desenchufar.
  • As pesas deben usarse tal e coma están montadas. Non poden modificarse nin desmontarse.
  • Obrigatorio levar unha toalla para utilizar no ximnasio.
  • Prégase que a música esté nun volume axeitado.
  • A última persoa en abandonar o ximnasio, avisará se observa algunha anomalía en conserxería.

O ximnasio é un servicio complementario que ofrece o centro para uso e desfrute de todo o alumnado residente, polo que é tamén responsabilidade de tod@s o seu coidado e mantemento.

Reserva o Espazo