Calendario Escolar

Calendario Escolar

Residentes

Calendario escolar curso 2025-26

A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, publicou o calendario escolar para o vindeiro curso 2025-26 nos centros educativos sostidos con fondos públicos.

O vindeiro curso escolar 2025/2026 comezará o próximo 8 de setembro e rematará o 19 de xuño de 2026 para todas as etapas educativas, agás os segundos cursos dos ciclos formativos de grao Básico, Medio e Superior de FP, que rematarán o 15 de xuño.

Así mesmo, establécense como períodos de vacacións escolares:

  • Desde o día 22 de decembro de 2025 ata o día 7 de xaneiro de 2026, ambos incluídos.
  • Os días 16, 17 e 18 de febreiro de 2026.
  • Desde o día 30 de marzo ata o día 6 de abril de 2026, ambos incluídos.

 

Non serán días lectivos as festas laborais de ámbito estatal, as festas laborais de ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia e as festas laborais de carácter local, acordadas pola Consellería con competencias en materia de emprego da Xunta de Galicia.

Son días non lectivos (pecha o centro) para o curso escolar 2025-26, no CRD de Ourense:

  • Venres 31 de outubro de 2025, día do Ensino.
  • Luns 3 de novembro de 2025, consideración de día non lectivo no calendario escolar do curso 2025-26.
  • Luns 8 de decembro de 2025, festivo nacional.
  • Xoves 19 de marzo de 2026, día de San Xosé.
  • Venres 20 de marzo, día non lectivo no CRD de Ourense. 
  • Venres 1 de maio de 2026, festa do Traballo, festivo nacional.

 

Son días festivos no que o CRD de Ourense permanecerá aberto, co gallo de facilitar a vida dos residentes:

  • Martes 11 de novembro de 2025, día de San Martiño – festivo local.

 

O funcionamento do comedor escolar, será desde o 8 de setembro de 2025 ata o 19 de xuño de 2026.