Prazas Residencia

Prazas Residencia

Secretaría

Convocatoria de Prazas de residentes en periodo extraordinario, curso 2025-2026

Feita a adxudicación de prazas para o alumnado en período ordinario e quedando unhas poucas  prazas vacantes, o Centro Residencial Docente de Ourense abre un prazo de presentación de solicitudes en período extraordinario entre o 1 e o 5 de setembro de 2025, ambos incluídos.

Prazos:

  • Publicación da listaxe provisional: 12 de setembro de 2025.
  • Prazo para formular reclamación: ata o 19 de setembro do 2025 (este incluído).
  • Publicación da listaxe definitiva e da adxudicación de praza: o 26 de setembro de 2025.

 

Os requisitos para poder acceder a unha praza son os mesmos requisitos que se  solicitan na convocatoria ordinaria 2025-26 (pódese ver máis abaixo).

Toda a documentación presentarase preferiblemente por vía electrónica.

Opcionalmente, as persoas interesadas poderán presentar a documentación presencialmente no centro residencial ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

NON SE ADMITIRÁ  A PRESENTACIÓN DE DOCUMENTACIÓN POR OUTROS MEDIOS, QUE NON SEXAN OS SINALADOS NA CONVOCATORIA.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten.

A documentación a presentar para solicitar unha praza de residencia son os anexos I e anexo II, máis os documentos que se recollen no documento chamado: documentación complementaria a presentar coa solicitude de praza de residente para o curso 2025/2026  (ver máis abaixo).

Listas provisionais e defintivas de admitidos e excluídos na convocatoria extraordinaria de prazas para o curso escolar 2025-2026

Convocatoria de Prazas de residentes en periodo ordinario curso 2025-26

A documentación a presentar detállase no documento chamado: documentación complementaria a presentar coa solicitude de praza para o curso 2025/2026 (artigo 23 da orde 27 de maio de 2025 pola que se convocan prazas de residencia nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo para realizar estudos postobrigatorios non universitarios no curso 2025/26).

A solicitude e a documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica. Opcionalmente, as persoas interesadas poderán presentar a solicitude e a documentación presencialmente no centro residencial ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.           

RESIDENTES CON RESERVA DE PRAZA

As persoas residentes terán reserva de praza ata que completen os cursos dun concreto nivel educativo ou ciclo formativo que dean lugar á obtención dun título académico, sempre que non repitan curso e non variasen as demais circunstancias que se tiveron en conta para a adxudicación inicial (deben presentar no centro residencial docente o anexo I cuberto e xustificante de matrícula para o curso 2025-26). O prazo de presentación de dita documentación é o mesmo (agás situación excepcional valorada polo centro) que para a presentación de novas solicitudes e detállase a continuación.

NON SE ADMITIRÁ  A PRESENTACIÓN DE DOCUMENTACIÓN POR OUTROS MEDIOS, QUE NON SEXAN OS SINALADOS NA CONVOCATORIA

INFORMACIÓN A TER PRESENTE CARA A PRESENTACIÓN DA DOCUMENTACIÓN PARA SOLICITAR PRAZA DE RESIDENTE  PARA O CURSO 2025-26

Prazos de presentación de solicitudes:

  1. Para o alumnado matriculado en bacharelato: do 21 de xuño ao 18 de xullo de 2025.
  2. Para o alumnado matriculado en ciclos formativos: do 21 de xuño ao 4 de agosto de 2025.

 

  • O día 22 de agosto de 2025 publicaranse a través da páxina web da consellería e do taboleiro de anuncios ou da páxina web do respectivo centro residencial. As reclamacións formuladas entenderanse estimadas ou desestimadas mediante publicación das listaxes definitivas.  As persoas solicitantes poderán formular reclamación ante a comisión de valoración no prazo de cinco (5) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da súa publicación.
  • O día 29 agosto de 2025 publicaranse conxuntamente a través da páxina web da consellería e da páxina web do respectivo centro residencial a listaxe definitiva de todas as persoas admitidas e a listaxe definitiva de persoas excluídas, que indicará a causa da exclusión.

 

Se feita a adxudicación de prazas en período ordinario siguen existindo prazas vacantes, o centro residencial abrirá un prazo de presentación de solicitudes en período extraordinario entre o 1 e o 5 de setembro de 2025, ambos incluídos.

Prazas de residentes ofertadas para o curso 2025/26: 110 Prazas

Requisitos:

Alumnado que no curso académico 2025/26 inicie ou continúe estudos postobrigatorios non universitarios en centros docentes públicos ou privados concertados situados nos termos municipais da Coruña, Culleredo, Ourense e Vigo.

No caso de centros docentes privados concertados deberá tratarse de ensinanzas e niveis incluídos no ámbito do concerto educativo.

Requisitos persoais e académicos das persoas solicitantes de novo acceso:

  1. Estar empadroada ela e os demais membros computables da unidade familiar á que pertenza nun municipio da Comunidade autónoma de Galicia; este requisito entenderase referido exclusivamente á persoa solicitante cando acredite vida independente nos termos previsto no artigo 9.2 da orde.
  2. Non ter sido expulsada no curso anterior dun centro residencial docente nin estar sometida a un procedemento disciplinario en trámite por infracción das normas de réxime interno e de convivencia do centro residencial docente.
  3. Estar matriculados en estudos postobrigatorios non universitarios nalgún dos centros docentes indicados no artigo 1 da orde, no curso 2025/26.
  4. Non repetir curso nin ter abandonado o curso iniciado.Non obstante, o alumnado que non progresou ao curso seguinte ou abandonou o curso iniciado poderá presentar solicitude de praza de residencia unha única vez máis para cursar un estudo distinto.

 

Excepcionalmente por causas debidamente xustificadas, a comisión de valoración poderá eximir de forma motivada do cumprimento destes requisitos, á vista da proposta que efectúe o centro residencial e do informe da inspección educativa, para que poida continuar no centro residencial malia repetir o mesmo curso ou retomar o abandonado.

No referido aos criterios de valoración, teranse en conta os datos socioeconómicos (composición da unidade familiar, renda, discapacidade e desemprego) e o rendemento académico.

– Adxudicación de praza gratuíta.

  1. Cando a renda da unidade familiar sexa igual ou inferior ao limiar 2 fixado polo Real decreto 163/2025, do 4 de marzo, do Ministerio de Presidencia, Justicia e Relacións coas Cortes, polo que se establecen os limiares de renda e patrimonio familiar e as contías das bolsas e axudas ao estudo para o curso 2025/26.
  2. Cando se trate de alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.

– Adxudicación de praza bonificada.

Cando a renda da unidade familiar sexa superior ao limiar 2, a persoa adxudicataria deberá aboar anualmente as seguintes cantidades: 

  1. Ata un 10%: 697,87€
  2. Máis do 10% e ata un 20%: 1.070.15€
  3. Máis do 20% e ata un 30%: 1.717,87 €
  4. Máis do 30%: 2.548,85 €

 

Residentes con reserva de praza:

  1. As persoas residentes terán reserva de praza ata que completen os cursos dun concreto nivel educativo ou ciclo formativo que dean lugar á obtención dun título académico, sempre que non repitan curso e non variasen as demais circunstancias que se tiveron en conta para a adxudicación inicial (deben presentar na residencia o anexo I cuberto e xustificante de matrícula para o curso 2025-26).

 

Disposición adicional primeira. Estudos de formación profesional básica e programas de estudo ou intercambios:

Se, rematado o procedemento ordinario e, de ser o caso, o extraordinario, de adxudicación de prazas ao alumnado matriculado en estudos postobrigatorios non universitarios no curso académico 2025/26, seguen existindo prazas vacantes, poderán adxudicarse, por esta orde:

  1. En primeiro lugar, ao alumnado matriculado en formación profesional básica que reúna os demais requisitos previstos nesta orde.
  2. A continuación, ao alumnado que non vai asistir de forma continuada ao longo do curso escolar ás clases no centro docente en que está matriculado por seguir programas de estudo ou intercambios noutros centros.

 

Disposición adicional segunda. Cobertura de prazas de residencia con alumnado universitario:

  1. Se rematado o procedemento ordinario e, de ser o caso, o extraordinario, de adxudicación de prazas ao alumnado matriculado en estudos postobrigatorios non universitarios no curso académico 2025/26, incluído o alumnado da disposición adicional primeira, seguisen existindo prazas vacantes, estas poderán ser cubertas con alumnado universitario.

 

Disposición adicional cuarta. Acceso a servizos do centro residencial por parte de estudantes non residentes:

  1. As persoas estudantes incluídas na relación de suplentes e, na falta destas, as que reúnan os requisitos académicos previstos nesta orde para poder obter unha praza de residencia, poderán beneficiarse dalgún ou dalgúns servizos da residencia, sempre que exista a dispoñibilidade, logo de aboamento do seu importe.
  2. Para determinar este importe teranse en conta as cantidades fixadas para as persoas residentes no artigo 13 da orde.
  3. En todo caso, a utilización de calquera servizo da residencia implica a obriga de cumprir todas as normas de réxime interno e de convivencia do centro.

Listas provisionais e definitivas de admitidos e excluidos na convocatoria ordinaria de adxudicación de prazas curso 2025-2026.