Menu Comedor

Comedor

Comedor

Menu

A elaboración dos menús farase de xeito que proporcione ao alumnado unha dieta equilibrada adaptada ás necesidades nutricionais de cada grupo de idade, contribuíndo ao seu mellor desenvolvemento físico, e favorecendo, á vez, a adquisición de hábitos alimentarios saudables.

  1. O menú será único para todos os usuarios do comedor escolar, agás nos casos de alumnos que padezan calquera tipo de intolerancia ou alerxia alimentaria, xustificada mediante certificado médico. Nestes casos, a dirección do centro autorizará  a empresa que xestiona o comedor escolar, que se sirvan menús adaptados ás súas necesidades, ou, se é o caso, que se lles faciliten os medios necesarios para a conservación e consumo de menús proporcionados polas familias. Asimismo, a empresa ten a obriga de realizar os menús dos alumnos/as ingresados en enfermaría.

Decreto 132/2013, do 1 de agosto, polo que se regulan os comedores escolares dos centros docentes públicos non universitarios dependentes da consellería con competencias en materia de educación

Reserva Plaza

*Os residentes do CRD de Ourense deberán comunicar e apuntarse no listado de comensais de venres e domingos, ao longo da semana correspondente, para o almorzo dos venres e a cea do domingo se se incorporan nese día ao CRD. De non facelo, terán que esperar ao final do servizo para ser atendidos, unha vez se sirva os residentes que si confirmaron a súa presenza.