Actividade deportiva: pistas exteriores e outras cousas

Actividade deportiva: pistas exteriores e outras cousas

O recinto da Universidade Laboral conta con varias pistas exteriores, a carón do polideportivo para a práctica da actividade deportiva: unha pista de fútbol sala e outra pista de baloncesto.

Nesta última realizouse unha actuación que acaba de rematar para que podades utilizala: limpeza da pista, cambio de canastras e instalacións de redes novas, forrado dos postes con proteccións para evitar golpes e pintado do campo de xogo acorde as medidas actuais.

Ambas pistas pódense utilizar sempre con respecto e coidando o material polos residentes do CRD de Ourense polas tardes para practicar deporte

Así mesmo, no interior do CRD de Ourense na sala de Pilates e dando resposta as peticións dos residentes, instalouse un saco de boxeo que completa dita sala para a práctica da actividade deportiva.