Apertura do CRD de Ourense o 1 de novembro de 2023

Apertura do CRD de Ourense o 1 de novembro de 2023

O mércores día 1 de novembro é festivo de ámbito nacional segundo o calendario laboral do ano 2023, polo cal os centros educativos de toda Galicia pecharán ese día e tal como se recolle na orde do 3 de maio de 2023 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2023/24.

O CRD de Ourense co gallo de facilitar a vida dos seus residentes e colaboradores (de diversos puntos de toda Galicia) permanecerá aberto de xeito excepcional o mércores 1 de novembro de 2023, grazas a autorización excepcional concedida  pola Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia. Polo tanto todos os residentes e colaboradores que o desexen, poden permanecer no centro o mércores 1 de novembro.

O horario de funcionamento do centro nese día festivo recóllese na páxina web do centro dentro, no menú Centro, no apartado horarios e funcionamento: https://crdourense.com/horarios/

Os residentes/colaboradores que decidan non quedarse no centro poderán incorporarse ao mesmo o mércores 1 de novembro a partir das 20:00 horas (mesmo horario de incorporación dos festivos que o centro pecha e dos domingos).

Como podedes comprender, abrir o centro nun día festivo e non laboral é posible grazas o esforzo e implicación de todo o persoal deste centro.

Esperemos que valoredes este esforzo por parte do centro de abrir nun día festivo e respectade e cumpride as sinxelas normas de convivencia do mesmo.