Campaña de Nadal 2023: Recollida de alimentos e xoguetes

Campaña de Nadal 2023: Recollida de alimentos e xoguetes

O CRD de Ourense colabora con Protección Civil do Concello e Ourense para axudar e estar cos máis necesitados na Campaña de Nadal 2023: recollida de alimentos e xoguetes.

Na entrada principal do CRD de Ourense colocouse unha caixa para a recollida de alimentos de todo tipo (preferentemente alimentos básicos non perecedoiros como aceite de oliva, conservas, legumes, leite, alimentos infantís..) que serán entregados ao banco de alimentos ou xoguetes que se doarán as asociacións e parroquias máis necesitadas, para que que cada cativo/a poida ter un xoguete no día de  Nadal ou no día de Reis.

A campaña de recollida vai desde o 21 de novembro do 2023, ata o 20 de decembro do 2023, ambos inclusive.

                                   ¡COMPARTE. NON NECESITAS UNHA RAZÓN PARA AXUDAR AOS DEMAIS!