O CRD de Ourense colabora con Protección Civil do Concello e Ourense para axudar e estar cos máis necesitados na Campaña de Nadal 2024: recollida de alimentos e xoguetes.
Na entrada principal do CRD de Ourense colocouse unha caixa para a recollida de alimentos de todo tipo (preferentemente alimentos básicos non perecedoiros como aceite de oliva, conservas, legumes, leite, alimentos infantís..) que serán entregados ao banco de alimentos ou xoguetes que se doarán as asociacións e parroquias máis necesitadas, para que que cada cativo/a poida ter un xoguete no día de Nadal ou no día de Reis.
A campaña de recollida vai ata o 20 de decembro de 2024
¡COMPARTE. NON NECESITAS UNHA RAZÓN PARA AXUDAR AOS DEMAIS!