Taller de autodefensa para mulleres

Taller de autodefensa para mulleres

Taller de autodefensa para mulleres

A actividade consistirá nun taller grupal dirixido a mulleres, de carácter práctico, coa finalidade de dar a coñecer técnicas de autodefensa a través da creación dun espazo seguro no que traballar a  autoprotección.

No taller traballaranse, ademais, facetas como a confianza, o autocontrol  e a seguridade  nas mulleres como complemento á  súa formación práctica.

Docente: Instrutor de defensa persoal policial e de policía nacional. Método intuitivo sen necesidade dunha gran capacidade física.

Data: Xoves 5 de maio de 2022

Horario: 16:00 a 19:00

Prazo para anotarte: Venres 29 de abril de 2022

Custo: 0 €