Encontros ASEIA: “ Adiccións e dependencia ”

Encontros ASEIA: “ Adiccións e dependencia ”

Os días 8 e 15 de novembro de 2023 terán lugar o segundo bloque da actividade “Encontros con outros”, nesta ocasión as dúas sesións sobre “ adiccións e dependencia ”.

Nelas, da man dos profesionais de ASEIA (Asociación para a Saúde Emocional na Infancia e na Adolescencia), tentarase que as e os residentes tomen conciencia do consumo, das formas de consumir e as súas implicacións. Trataranse temas como condutas aditivas (moito máis alá das drogas), compartindo experiencias e puntos de vista sobre as múltiples adicións que nos podemos atopar, desde as coñecidas como drogas legais e ilegais ou o xogo ata as máis novedosas, ligadas á tecnoloxía, exercicio ou sexo.