Escola de Cine e Feiticería
O alumnado residente do Centro Residencial Docente vén de propoñer unha actividade denominada “Escola de Cine e Feiticería“, no marco do curso escolar 2021-2022.
Dita actividade terá lugar todos os xoves a partir das 22:00, e consistirá na proxección dos filmes da saga Harry Potter, tras a previa presentación do filme coa interpretación das personaxes da historia.
Intentarase prolongar esta actividade durante todo o curso con outras sagas. Estade atentos e atentas!
Datas Previstas:
- 7 de outubro (primeiro estreno).
- 14 outubro.
- 21 outubro.
- 28 outubro.
- 4 novembro.
- 9 novembro (é un martes porque o xoves 11 é festivo).
- 18 novembro.
- 25 novembro (cancelado).
- 2 de decembro.
- 9 de decembro.