Festa Tropical CRD Ourense 21-22

Festa Tropical CRD Ourense 21-22

Actividade: Festa Tropical CRD Ourense 21-22

O vindeiro xoves 26 de maio, celebraremos a Festa de Fin de Curso no CRD deOurense 2021-22.

O seu horario será de 17:00 a 22:00 horas. Será unha festa temática para a cal, os asistentes deberedes acudir vestidos cun estilo hawaiano, é dicir: bermudas, chanclas, roupa ibicenca, chapeus de palla, pareos, etc.

O CRD esforzarase en decorar o lugar da Festa e así lograr un ambiente festivo tropical para todos, divertido e distendido. Será na Sala de TV de Ribeiro e nos exteriores do centro. Haberá unha sesión de DJ, fotos de recordo para todo o que queira participar no Photocall, actuacións en directo e ao final do evento, unha sorpresa preparada polo equipo técnico.

Durante a festa haberá un picoteo para descansar entre canción e canción e así tamén poder refrescarse tomando algo. Animámosvos a todos para que participedes e así poder despedir este curso.

GALERÍA DE FOTOS