O Luns 26 de febrero instalouse un punto laranxa no CRD de Ourense. Trátase dun espazo físico onde calquera persoa pode denunciar de xeito anónimo unha situación de posible acoso ou ciberacoso escolar.
Este punto consta dunha caixa onde calquera persoa pode depositar información relativa a un posible caso de acoso ou ciberacoso escolar e, ademais, dun pequeño espazo onde incorporar información adicional relacionada con esta temática.
Trátase dunha iniciativa desenvolvida ao abeiro do Plan integral contra estas condutas impulsado pola Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia co fin de blindar que as contornas escolares sexan seguras, inclusivas e respectuosas e que os centros escolares e os espazos de interacción da mocidade conten cos recursos necesarios para poder previr, identificar e actuar ante estas situacións.
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecer a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacenanse no teu navegador e realiza funcións tales como reconocerte cuando volves a nuesa web ou axudar o nostro equipo a comprender qué secciones da web encontras máis interesantes e útiles.