Actividade a levar a cabo dende finais de Outubro de 2024 a Maio de 2025. actividade en colaboración ca residencia “Nosa Señora da Esperanza”, próxima o centro, os martes ou/e mércores en horario de 17:00 horas a 18:00 horas.
O alumnado residente do CRD de Ourense poderá compartir momentos, experiencias e aprendizaxes enriquecedores con algunhas das persoas usuarias da residencia. Leranlles, escoitaranlles e faranlles compañía.
Esperamos que todos desfruten e vivan momentos inesquecibles.