III Feira do Emprendemento en Celanova
O Centro Residencial Docente de Ourense participa na III Feira de Emprendemento, o 4 de marzo en Celanova. Trátase dunha xornada especialmente pensada para o alumnado, co obxectivo de reunir nun mesmo espazo a oferta educativa, cultural e deportiva da contorna, facilitándolle ao estudantado o contacto directo con distintas oportunidades.
Nela o CRD de Ourense participou cun stand mostrando o centro e as súas virtudes e onde estivo representado o centro polos nosos colaboradores: Flavio Vicente Rodríguez, Yanira Barbero Sánchez y Anezca Piños Vojteskova.