Rematadas as obras de renovación e mellora do polideportivo, por fin xa podemos disfrutar del. Novos vestiarios, novos ventanais e unha nova aula, nova caldeira para calefacción e auga quente, renovación do tellado da zona de vestiarios e sala de caldeiras, nova iluminación…
As obras foron longas porque a Universidade Laboral é un dos edificios singulares de Galicia e foi preciso respectar a mesma estructura exterior do ano de construcción (o ano 75), o que levou o seu tempo. Pero xa o temos listo e mereceu a pena a espera. Polas mañás será de uso do IES, e polas tardes do alumnado do Centro Residencial e tamén farán uso distintas federacións deportivas, co cal o polideportivo abrirase a cidade.
Un día como este merecía dun acto un tanto especial, por iso agradecemos ao Club Ourense Baloncesto (COB) que este luns 5 de febreiro se achegara co seu presidente Eduardo Villar, o adestrador Felix Alonso e con dous dos seus xogadores máis especiais: o lituano Mindaugas Kacinas (2,04 m. de altura), que chegou a xogar na ACB, e sobre todo causou sensación pola súa estatura Romaro Gill (2,18 m. de altura). Asegúrovos que tivo que entrar agachado no tunel de vestiarios porque pegaba coa cabeza no teito…
Tamén nos acompañaron o director do IES Laboral de Ourense Francisco Javier Gonzalez Álvarez, o directoer do CRD de Ourense Francisco Javier García Gómez, o Xefe territorial da Consellería de Educación, Jorge Rubén Sampedro, o Xefe de Deportes da Xunta de Galicia, Manuel Pérez, entre outras personalidades.