O obxectivo desta é facilitarlle o acceso ao ensino superior ao alumnado que se escolariza en localidades distintas ás do seu domicilio habitual, motivado polo feito de que os estudos que realiza non se impartan en ningún centro sostido con fondos públicos da súa localidade de residencia nin noutra próxima que lle permita o desprazamento diario con facilidade.
As vacantes ofertadas poderán consultarse na páxina web ou taboleiro de anuncios dos CRD aos tres días da publicación da convocatoria.
– Requisitos.
A persoa solicitante deberá estar matriculada nunha concreta modalidade dun nivel educativo ou nunha familia profesional ou especialidade dun ciclo formativo, que:
- a) Non se imparta en ningún centro sostido con fondos públicos da localidade de residencia habitual da unidade familiar á cal pertenza.
- b) Tampouco se imparta nunha localidade que, pola súa proximidade á de residencia habitual ou polos medios de comunicación dispoñibles, permita o desprazamento diario con facilidade.
Excepcionalmente, por circunstancias persoais ou familiares moi graves debidamente xustificadas, a comisión de valoración poderá eximir de forma motivada do cumprimento destes requisitos, á vista da proposta que efectúe o centro residencial e dos informes que se consideren oportunos.
– Requisitos persoais e académicos da persoa solicitante.
- Estar matriculada en estudos postobrigatorios non universitarios nalgún dos centros docentes indicados no artigo 1 desta orde no curso 2021/22.
- Non repetir curso; e no caso de cambio de estudos, non ter abandonado dúas veces estudos iniciados para matricularse noutros estudos distintos.
- Non ter sido expulsada no curso anterior dun centro residencial nin estar sometida a un procedemento disciplinario en trámite, por algunha das condutas gravemente prexudiciais para a convivencia descritas no artigo 15 da Lei 4/2011, do 30 de xuño, de convivencia e participación da comunidade educativa e no capítulo II do Decreto 8/2015 do 8 de xaneiro que a desenvolve.
No referido aos criterios de valoración, teranse en conta os datos socioeconómicos (composición da unidade familiar, renda, discapacidade e desemprego) e o rendemento académico.
– Adxudicación de praza gratuíta.
- Cando a renda da unidade familiar sexa igual ou inferior ao limiar 2 fixado polo Real decreto 688/2020, do 21 de xullo, do Ministerio de Presidencia, Relacións coas Cortes e Memoria Democrática, polo que se establecen os limiares de renda e patrimonio familiar e as contías das bolsas e axudas ao estudo para o curso 2019/20 (Boletín Oficial do Estado núm. 199, do 22 de xullo).
- Cando se trate de alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.
– Adxudicación de praza bonificada.
- Cando a renda da unidade familiar sexa superior ao limiar 2, a persoa adxudicataria deberá aboar anualmente as seguintes cantidades (revisar co IPC abril):
- a) Ata un 10 %: 565,87 €
- b) Máis do 10 % e ata un 20 %: 867,74 €
- c) Máis do 20 % e ata un 30 %: 1.392,95 €
- d) Máis do 30 %: 2.066,75 €