Prazas Residencia

Prazas Residencia

Secretaría

Convocatoria de Prazas para residentes en periodo extraordinario curso 2023-2024

Feita a adxudicación de prazas para o alumnado en período ordinario e quedando aínda algunhas prazas vacantes, o Centro Residencial Docente de Ourense abrirá un prazo de presentación de solicitudes en período extraordinario entre o 4 e o 8 de setembro de 2023, ambos incluídos.

Os modelos  de solicitude a presentar e a  documentación, pódese atopar no apartado convocatoria de prazas en periodo ordinario 2023-24 e nos artigos 21 e 23 da convocatoria de prazas de residentes nos CRDs para estudos postobrigatorios non universitarios 2023-24.

Prazos:

  • Publicación da listaxe provisional: 18 de setembro de 2023.
  • Prazo para formular reclamación: ata o 25 de setembro do 2023 (este incluído).
  • Publicación da listaxe definitiva e da adxudicación de praza: antes do 29 de setembro de 2023.

Listas provisionais e definitivas de admitidos e excluidos na convocatoria extraordinaria de adxudicación de prazas curso 2023-2024

 

  • Listaxe definitivo de persoas admitidas na convocatoria extraordinaria con  puntuación total por orde descendente e a correspondente a criterios socioeconómicos e ao rendemento académico e listaxe definitivo de persoas excluídas que indica a causa da exclusión.

Convocatoria Periodo Ordinario 2023-24

Convocatoria de Prazas de residentes en periodo ordinario curso 2023-2024

A documentación que hai que entregar detállase no documento anterior chamado: documentación complementaria a presentar para a solicitude de praza no curso 2023/2024 e no artigo 23 da orde do 16 de maio de 2023 pola que se convocan prazas de residencia nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo para realizar estudos postobrigatorios non universitarios no curso 2023/24.

A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica. Opcionalmente, as persoas interesadas poderán presentar a documentación complementaria presencialmente no centro residencial ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten.

INFORMACIÓN IMPORTANTE A TER PRESENTE DE CARA A PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES E DOCUMENTACIÓN PARA SOLICITAR PRAZA NO CENTRO RESIDENCIAL DOCENTE DE OURENSE PARA O CURSO 2023-24.

1. Para o alumnado matriculado en bacharelato dende o 7 de xuño ao 12 de xullo de 2023 (este incluído).

2. Para o alumnado matriculado en ciclos formativos do 7 de xuño ao 1 de agosto de 2023 (este incluído).

  • O día 22 de agosto de 2023 publicaranse a través da páxina web da consellería e do taboleiro de anuncios ou da páxina web do respectivo centro residencial.
  • O día 4 de setembro de 2023 publicaranse conxuntamente a través da páxina web da consellería e da páxina web do respectivo centro residencial.

 

Cando feita a adxudicación de prazas en período ordinario sigan existindo prazas vacantes, o centro residencial abrirá un prazo de presentación de solicitudes en período extraordinario entre o 4 e o 8 de setembro de 2023, ambos incluídos.

Prazas de residentes ofertadas para o curso 2023/24:  129 Prazas

Requisitos:

Alumnado que no curso académico 2023/24 inicie ou continúe estudos postobrigatorios non universitarios en centros docentes públicos ou privados concertados situados nos termos municipais da Coruña, Culleredo, Ourense e Vigo.

No caso de centros docentes privados concertados deberá tratarse de ensinanzas e niveis incluídos no ámbito do concerto educativo.

– Requisitos persoais e académicos das persoas solicitantes de novo acceso:

  1. Estar matriculados en estudos postobrigatorios non universitarios nalgún dos centros docentes indicados no artigo 1 desta orde, no curso 2023/24.
  2. Non repetir curso nin ter abandonado o curso iniciado. Non obstante, o alumnado que obtivo praza de residencia e non progresou ao curso seguinte ou abandonou o curso iniciado, poderá presentar solicitude de praza de residencia unha única vez máis para cursar un estudo distinto.
    Excepcionalmente, por causas debidamente xustificadas, a Comisión de Valoración poderá eximir de forma motivada do cumprimento destes requisitos, á vista da proposta que efectúe o centro residencial e do informe da inspección educativa, para que poida continuar no centro residencial malia repetir o mesmo curso ou retomar o abandonado.
  3. Non ter sido expulsada no curso anterior dun centro residencial nin estar sometida a un procedemento disciplinario en trámite, por algunha das condutas gravemente prexudiciais para a convivencia descritas no artigo 15 da Lei 4/2011, do 30 de xuño, de convivencia e participación da comunidade educativa e no capítulo II do Decreto 8/2015 do 8 de xaneiro que a desenvolve.

 

No referido aos criterios de valoración, teranse en conta os datos socioeconómicos (composición da unidade familiar, renda, discapacidade e desemprego) e o rendemento académico.

– Adxudicación de praza gratuíta.

  1. Cando a renda da unidade familiar sexa igual ou inferior ao limiar 2 fixado polo Real decreto 154/2022, do 22 de febreiro, do Ministerio de Presidencia, Relacións coas Cortes e Memoria Democrática, polo que se establecen os limiares de renda e patrimonio familiar e as contías das bolsas e axudas ao estudo para o curso 2022/23, e se modifica parcialmente o Real Decreto 1721/2007, do 21 de decembro, polo que se establece o réxime das becas e axudas ao estudo personalizadas.
  2. Cando se trate de alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.

Adxudicación de praza bonificada.

Cando a renda da unidade familiar sexa superior ao limiar 2, a persoa adxudicataria deberá aboar anualmente as seguintes cantidades: 

  1. Ata un 10 %: 661,04€.
  2. Máis do 10 % e ata un 20 %: 1013,66€.
  3.   Máis do 20 % e ata un 30 %: 1.627,19€.
  4. Máis do 30 %: 2.414,31€.

Residentes con reserva de praza:

  1. As persoas residentes terán reserva de praza ata que completen os cursos dun concreto nivel educativo ou ciclo formativo que dean lugar á obtención dun título académico, sempre que non repitan curso e non variasen as demais circunstancias que se tiveron en conta para a adxudicación inicial (deben presentar na residencia o anexo I cuberto e xustificante de matrícula para o curso 2023-24).

 

Disposición adicional primeira. Estudos de formación profesional básica e programas de estudo ou intercambios:

Se, rematado o procedemento ordinario e, de ser o caso, o extraordinario, de adxudicación de prazas ao alumnado matriculado en estudos postobrigatorios non universitarios no curso académico 2023/24, seguen existindo prazas vacantes, poderán adxudicarse, por esta orde:

  1. En primeiro lugar, ao alumnado matriculado en formación profesional básica que reúna os demais requisitos previstos nesta orde.
  2. A continuación, ao alumnado que non vai asistir de forma continuada ao longo do curso escolar ás clases no centro docente en que está matriculado por seguir programas de estudo ou intercambios noutros centros.

 

Disposición adicional segunda. Acceso a servizos do centro residencial por parte de estudantes non residentes:

  1. As persoas estudantes incluídas na relación de suplentes e, na falta destas, as que reúnan os requisitos académicos previstos nesta orde para poder obter unha praza de residencia, poderán beneficiarse dalgún ou dalgúns servizos da residencia, sempre que exista a dispoñibilidade, logo de aboamento do seu importe.
  2. Para determinar este importe teranse en conta as cantidades fixadas para as persoas residentes no artigo 13 desta orde.
  3. En todo caso, a utilización de calquera servizo da residencia implica a obriga de cumprir todas as normas de réxime interno e de convivencia do centro.

 

Disposición adicional terceira. Cobertura de prazas de residencia con alumnado universitario:

  1. Se, adxudicadas as prazas a todas as persoas admitidas, houbese vacantes, estas poderán ser cubertas con alumnado universitario.
  2. Esta circunstancia deberá anunciarse no taboleiro de anuncios do centro residencial, abrindo prazo para presentar solicitudes e documentación. A adxudicación destas prazas axustarase aos criterios de baremo establecidos nesta orde.

Listaxe provisional e definitivo en convocatoria ordinario 2023-2024

O día 22 de agosto de 2023 publicaranse a través da páxina web da consellería e do taboleiro de anuncios ou da páxina web do respectivo centro residencial.

O día 4 de setembro de 2023 publicaranse conxuntamente a través da páxina web da consellería e da páxina web do centro residencial.

Publicación das listaxes coas puntuacións provisionais de todas as persoas solicitantes admitidas, indicando a puntuación desagregada (rendemento académico e criterios socioeconómicos) e a puntuación total por orde descendente; a relación provisional de persoas excluídas, indicando a causa de exclusión, de acordo co previsto no artigo 32 da Orde do 16 de maio de 2023 pola que se convocan prazas de residencia nos Centros Residenciais Docentes da Coruña, Ourense e Vigo para o curso 2023/24 (DOG núm. 106, do 6 de xuño).

 

 

Resolución provisional: as persoas solicitantes poderán formular reclamación ante a comisión de valoración no prazo de cinco (5) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación da presente resolución na páxina web da Consellería de Cultura, Educación , Formación Profesional e Universidades (entre os días 23 e 29 de agosto de 2023, ambos incluídos). As reclamacións formuladas entenderanse estimadas ou desestimadas mediante a publicación das listaxes definitivas.

Resolución definitiva: as persoas solicitantes poderán interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación da presente resolución na páxina web da consellería competente en materia de educación e nos taboleiros de anuncios e/ou páxinas web dos centros residenciais.

Prazo para interpoñer recurso de alzada: 1 mes (entre os días 5 de setembro e 4 de outubro de 2023), ante o conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.