Un ano máis celebramos a Semana Multicultural, na que ofrecemos ás persoas residentes diversidade culinaria nas nosas ceas: cada día da semana tomaremos comida típica dun pais diferente, partindo das diferentes nacionalidades que temos no CRD.
O luns comezamos con comida portuguesa, martes teremos comida marroquí, o mércores cearemos comida venezolana e o xoves rematamos con comida polaca. Todo elo representativo das diferentes nacionalidades que conviven no CRD de Ourense
No CRD de Ourense apostamos polo respecto á diversidade cultural como única maneira de ter unha convivencia e interacción en harmonía.
Os diferentes menús poden consultarse na páxina Web ou nos taboleiros do propio centro: https://crdourense.com/comedor-menus/
This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.