Torneo de xogos tradicionais
Desenvolvemento: distribuiranse os participantes en catro grupos (verde, amarelo, vermello e azul). As actividades levaranse a cabo no campo situado na parte traseira do CRD. O desenvolvemento dos catro xogos será alterno: mentres dous equipos xogan ao brilé os outros dous xogan á carreira de sacos, e viceversa. Terán 20 minutos para cada xogo. Unha vez rematada esta ronda dará comezo a seguinte: piñas á cesta e o pañuelo. Nesta segunda ronda a duración será a mesma; previamente o árbitro explicará as normas de xogo.
Temporalización: xoves 11 de maio, de 21:30-23:00h.
Localización: levaranse a cabo no xardín da parte de atrás do edificio do CRD.
Recursos:
- Humanos: árbitros e xogadoras/es.
- Materiais: silbato, pelotas, sacos, pañuelo, cesta/contenedor.
Avaliación: o número de participantes e a observación permitirán establecer o interese e a implicación na actividade.