Unha das actividades planificadas para realizar a acollida das e dos residentes é a realización dunha visita guiada polas instalacións do CRD e polo espazo exterior no que este está situado para dar a coñecer os distintos espazos e usos ademáis de facilitar a integración dos/as residentes no centro.
A realización da visita correrá a cargo de cada un/unha dos colaboradores/as, que se ocuparán de levala a cabo cos/coas residentes da súa planta.
A actividade desenvolveuse o martes, día 10 de outubro pola tarde, ás 17:00h.