I Concurso de Pintura – Graffiti

I Concurso de Pintura – Graffiti

I Concurso de Pintura e Graffitis

O CRD de Ourense, convoca o I Concurso de Pintura/Graffitis, que ten como obxectivo o fomento da arte nos seus residentes a través da exposición das obras seleccionadas nas paredes da sala de xogos e deste xeito contribuír a humanizar ese espazo, dinamizando a actividade creadora e animando á participación artística.

O traballo consiste na presentación de 3 bosquexos (non so 1) que conforman unha serie única relativa á temática do espazo a humanizar: sala de xogos.

O prazo de entrega dos traballos comezará o 15 de novembro de 2021 e rematará o 10 de decembro de 2021

A técnica será libre e os traballos deberán ser inéditos, podendo empregar calquera material necesario (boquillas, elementos de protección e sprays) para o bo desenvolvemento da obra. O CRD facilitará todo o material necesario para a realización do traballo

Establécense os seguintes premios:

1º premio: Unha dotación de 150 € en material artístico e/ou deportivo.
2º premio: Unha dotación de 80 € en material artístico e/ou deportivo.