O Consello de Residencias é o órgano colexiado de asesoramento e apoio ó director do CRD de Ourense. O Consello de Residencias, fórmano:
- O director do Centro Residencial Docente, que será o seu Presidente.
- Un representante do persoal docente do centro.
- Un representante do persoal de Administración e Servizos (PAS).
- Un representante dos alumnos residentes.
A duración do mandato dos membros electos será de dous anos. O proceso electoral para a súa elección e renovación seguirá o establecido legalmente pola Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.
A mesa electoral para as eleccións o Consello de Residecnia, fórmana:
- O director do Centro Residencial, que será o Presidente.
- 1 representante do sector do profesorado.
- 1 representante do sector do persoal de administración e servizos.
Os compoñentes da mesa electoral elixiranse por sorteo. Poderán ser candidatos as alumnas e os alumno/as residentes, persoal docente do centro e persoal de administración e servizos que presenten a súa candidatura no prazo fixado na convocatoria.
O día seguinte de terminalo prazo de presentación de candidaturas, a mesa electoral proclamará e fará públicos nos taboleiros de anuncios as candidaturas.
Constituiranse mesas electorais para cada sector elixible e a designación dos membros das mesas electorais será por sorteo público.
O Consello de Residencias constituirase ó remata-los procesos electorais nos sectores afectados.
Calendario do proceso de eleccións o Consello de Residencia do CRD de Ourense 2023
- Sorteo público para a designación dos membros da Xunta electoral: as 10:00 horas do 8 de novembro de 2023 no despacho de dirección.
- Candidaturas provisionais presentadas nos diferentes sectores para as eleccións ao Consello de Residencia.
- Resultado do sorteo para a constitución das diferentes mesas electorais para a votación o vindeiro día 28 de novembro: profesorado (ás 12:00 horas), persoal de administración e servizos (ás 12:00 horas) e residentes (de 15:30 a 19:30 horas).
28 de novembro votacións ao Consello de residencia nos diferentes sectores:
– Profesorado (ás 12:00 horas en claustro extraordinario).
– Persoal de administración e servizos (ás 12:00 horas).
– Residentes (De 15:30 a 19:30 horas).
- Candidatos electos ao Consello de Residencias en representación de cadanseu colectivo a:
– Persoal de Administración e Servicios: Dª. Dominga Vasallo González.
– Persoal docente: Dª. Susana Lema Vázquez.
Suplente: Dª. Mari Carmen Gómez Pernas.
– Residente: D. Adrián Ferreira González.
Suplente: D. Alejandro Perala Hernández.